Presentación Vigolandia 2024

Esta mañá, tivo lugar a presentación de VIGOLANDIA 2024, presidida por Abel Caballero e acompañado pola organización e colaboradores que participan neste evento. Unha nova edición desta cita de lecer familiar que durante cinco xornadas se celebra no IFEVI, para o goce dos máis pequenos e dos seus familares nun ambiente realmente festivo e navideño.

VIGOLANDIA conta cunha amplia oferta de actividades e con moitas novidades, despregadas ao longo de cada fantástica xornada do 26 de decembro (de 16h a 20) e do 27 ao 30 de decembro (de 12h a 20h). Este ano destacan, ademáis dos sorprendentes inchables xigantes, circuitos viais, animación musical, espazo de mini chefs e unha ponte tibetana unida a unha tirolina, xogos, … os espazos despregados para os amantes de LEGO, así como para os combates Láser Tag, zona Mini Baby e máis zonas deportivas.

O prezo da entrada por día será de 7€, entrada única a partires dos 3 anos.

VIGOLANDIA mantén o seu carácter benéfico a través dun punto de recollida de xoguetes e de alimentos non perecedoiros no taquilla ubicada no punto de entrada.

Comparte :

Otras Noticias

Scroll ao inicio

Solicitude de cita

Co obxectivo de proporcionar información previa sobre o custo aproximado do aluguer do espazo e outros servizos, pode enviar este modelo é cuberto. Nós responder o máis axiña posible.

Datos do cliente