Loading Eventos

« All Eventos

  • This event has passed.

Vigolandia

26 Decembro, 2024 - 30 Decembro, 2024

€7

O vindeiro 26 de decembro abrirá as súas portas a 20ª Edición de VIGOLANDIA , no Instituto Feiral de Vigo. Un salón de lecer para o goce e diversión de todos e que mantén dende o seu nacemento un dos seus obxectivos básicos, o seu carácter social e benéfico. Ademais, as familias de Vigo poderán disfrutar dunha enorme variedade de actividades.

Nesta edición, a organizadora de VIGOLANDIA será a entidade Mantesil có apoio e a colaboración de institucións e empresas como: O Concello de Vigo, o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), Alcampo, Catering Galicia, Grupo Radio Vigo, Federación Galega de Billar, Federación Galega de Tenis, Limpiezas Almi, Policía Local de Vigo, Riescontrol, AgruDeBam, Agrupación Deportiva Escolar Baixo Miño-Always TM, Montes de Vigo, SDE Group, VeoVisión Soluciones IP e Vodea Voluntarios Asistencia Sanitaria.

O evento manterá as súas portas abertas ao público no IFEVI, o día 26 de decembro en horario de 16.00h a 20.00h e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 12.00h a 20.00h, ocupando unha superficie de preto de 22.000 m2.  O prezo da entrada será de 7 .

VIGOLANDIA, vai unida a un CERTAME DE PINTURA, co lema AS LUCES DE VIGO NO NADALna súa XVI edición, convertido nun clásico nos centros escolares de Vigo e cunha grande acollida e ademais, como cada ano, VIGOLANDIA mantén o seu carácter benéfico, por iso disporá durante os cinco días da súa celebración un Punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros na entrada principal.

¡Agardámoste en VIGOLANDIA!

Details

Start:
26 Decembro, 2024
End:
30 Decembro, 2024
Cost:
€7
Evento Category:

Organizer

ifevi
Email
info@themusicrepublic.es
Scroll ao inicio

Solicitude de cita

Co obxectivo de proporcionar información previa sobre o custo aproximado do aluguer do espazo e outros servizos, pode enviar este modelo é cuberto. Nós responder o máis axiña posible.

Datos do cliente