GALIEXPO CUMPRE A MAIORÍA DE EDADE RECORDANDO OS SEUS INICIOS E VIGO AFIÁNZASE COMO Ó ÚNICO SALÓN MOTORSHOW DA PENÍNSULA
“Estamos ante unha das grandes accións da cidade” asegurou firme o alcalde
de Vigo, Abel Caballero, na presentación oficial do XVIII de Galiexpo Motorshow
celebrada este mércores no concello e que terá lugar no recinto ferial IFEVI
entre os días 24 e 26 deste mes de abril. O rexedor non dubidou en alagar un evento
que coñece de cerca, pois coñece a evolución do mesmo dende os seus inicios e,
como ben lembrou Joaquín Portabales -presidente do comité organizador de Galiexpo-,
oi un dos primeiros que Abel Caballero inaugurou en IFEVI cando tomou
posesión por primeira vez do seu cargo.
Alcanzar dezaoito edicións dun evento anual non é tarefa doado. Moitos quedaron
polo camiño e as distintas épocas, momentos e situacións económicas
que concorren ao longo de case dúas décadas inflúen excesivamente nesta viaxe.
Momentos bos e mellores que trouxeron a Galiexpo Motor Show ata este 2026,
cun evento que, adiantou o organizador, “vai ser o máis potente das últimas
edicións”. “Alén de todos os pavillóns de IFEVI, imos levar a cabo
distintas actividades e actuacións nos exteriores do recinto feiral”, insistiu,
chegando a xuntar máis de 500 vehículos entre coches e motos de concentracións ou
dando a oportunidade a nenos de entre 6 y15 anos para que poidan desfrutar coa
iniciativa Xogade coas Motos, promovida pola Xunta de Galicia”
Nun rápido repaso ao intenso programa que copará os tres días de Galiexpo,
Portabales destacou as distintas charlas previstas nas xornadas de motor así como
a parte máis profesional desta feira, coa presenza por primeira vez de diferentes
marcas dedicadas a preparación e o motorsport provenientes doutros países. E, por
suposto, o apartado show do que se volverán a encargar un espectacular cadro de persoal
de pilotos de drift; modalidade na que os participantes mostran a súa habilidade no
control de derrapaxes con vehículos de máis de 500 CV de potencia. “O noso obxectivo
para esta edición”, recalcou Portabales, “é superar os 25.000 espectadores do
pasado ano e achegarnos á barreira dos 30.000”.
Unha experiencia inmersiva
Visitar Galiexpo Motor Show é participar dunha experiencia inmersiva; a feira
ofrece a posibilidade de que os visitantes expoñan os seus vehículos, compitan nun
zona de virtual gaming, vibren coas espectaculares derrapaxes dos coches de
drift -sen dúbida, un dos momentos estrela da fin de semana- ou coñezan
e primeira man as últimas novidades que presentarán nas distintas casetas as
empresas e fabricantes máis punteiras do mundo da preparación e do motorsport.
A Galiexpo Motor Show acudirán máis de cen empresas e profesionais chegados
de distintos puntos do mundo -nesta edición serán máis que nunca- co que a
feira se presenta ademais como un bo lugar para o networking; outro dos
obxectivos que se marcou este evento nas súas últimas edicións.
Para toda a familia
Pensando non só en quen visita o evento, senón tamén nos acompañantes, nesta
edición de Galiexpo volverá haber zona de restauración con distintas food
trucks e, como novidade, unha ludoteca gratuíta para que o máis peques poidan
estar entretidos, mentres os seus pais desfrutan coa exposición e os distintos
eventos e shows programados durante os tres días de feira.
Porque, unha vez máis, os espectáculos de drift (venres 24 ás 21.00, sábado e
domingo ás 17.30 e 19.30) volverán ser un dos eixos principais sobre os que
vire Galiexpo Motor Show neste 2026. O pasado ano alcanzouse o ‘sold out’
durante toda a fin de semana, coas bancadas do Pavillón 3 de IFEVI abarrotadas de
público. Este ano novos pilotos e novos vehículos, que se darán a coñecer nos
próximos días, volverán dar luz e son a un cartel sempre atractivo.
Conferencias: nomes destacados
A oferta de Galiexpo Motor Show complétase coa celebración de varias charlas e
conferencias. Así, o venres pola mañá o evento de motor en IFEVI contará coa
resenza do youtuber/instagramer Ángel Gaitán.
Pola tarde a quenda será para a resiliencia, da man do empresario Fernando
Vega de Seoane, tamén moi coñecido en redes sociais e quen en 2022 sufriu un
accidente de esquí con graves lesións que lle prostraron nunha cadeira de rodas.
Conferencia que chega da man da Deputación de Pontevedra e que precederá a unha
última charla dese día na que participarán todos os membros do equipo
ecalvi Team, cos pluricampeones de España de Rallyes José Antonio ‘Cohete’
Suárez e Jorge Cagiao á cabeza.
Como novidade nesta edición, na matinal do sábado terá lugar A I Xornada
Profesional da Automoción Galiexpo. En colaboración coa Zona Franca de
Vigo, nace como un encontro estratéxico de referencia para o sector da
automoción en Galicia e España, reunindo aos principais actores do sector para
analizar os retos e oportunidades da automoción actual (mobilidade sostible,
dixitalización, evolución do mercado…) e que, entre outros, contará coa presenza
do Director Xeral da Federación Internacional de Automobilismo (FIA) o
español Alberto Villareal.
As entradas xa están á venda na web www.galiexpo.com O seu custo será de 12
euros para adulto e 10 para nenos, sendo gratis ata os 6 anos. Para acceder aos
espectáculos de draft o prezo será de 7 euros para adultos e 5 para nenos.



