Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

FESTA DO JUDO INFANTIL

15 diciembre, 2019-00:00

Esta Festa consiste na realización dunha competición multitudinaria e participativa, unha competición técnica de Judo aplicado á Defensa Persoal na que interveñen nenos e nenas de clubs e colexios de toda a autonomía, especialmente da provincia de Pontevedra onde se practica judo asemade das Escolas Municipais de Vigo e Provinciais da Deputación, e clubs invitados doutras autonomías.

Durante a mesma os e as judokas participan sen necesidade de facer grupos por idades ou categoría de peso xa que o sistema pedagóxico empregado permite facer a un neno pequeno con outro máis maior ou a nenos con nenas, nunha competición na que todos levan o seu premio.

Cada neno por participar obtén os seus agasallos e o diploma coa puntuación obtida que posteriormente no seu club ou colexio sérvelle para o pase de grao. O sábado anterior ao evento móntanse os máis de 500 metros cadrados en 30 tatamis (colchóns especiais para a práctica do judo) e todo o escenario principal. – Os judokas dividíranse en grupos de 50 nenos APROX.
– Elabóranse:
* 1.500 libros de técnicas.
* 3.000 carteis e 1500 saúdas.
* 1.500 diplomas de puntuación.
* 1.500 agasallos iguais.
– Colaboradores:
* O comité director / O comité organizador
* 29 xuíces árbitro e 58 azafatas.
* 29 colaboradores control bancada e credenciais.
* 29 colaboradores equipo seguridade + 3 colaboradores protección civil.
Total.- 170 persoas

A xornada iniciase ás 11:30h da mañá e polos trinta tatamis alí instalados pasan os mais de 1.500 judokas participantes para demostrar, ante a atenta mirada dos seus adestradores pero abrigo dos seus familiares e amigos, os ensinos aprendidos durante todo o ano.

A organización entrega diversos premios a cada un de todos os participantes que lles enche de alegría e emoción e aos que sen dúbida o deporte une máis que nunca nesta xa veterana, aínda que pola ilusión de organizadores e participantes, nova Festa do Judo Infantil.

Tamén se aproveita sempre a ocasión para facer entrega dos trofeos que acreditaban aos mellores medallistas nacionais e internacionais do club Famu de Vigo,

Para finalizar agradecese a axuda dos voluntarios, alumnos e profesores, que fan posible a realización deste
evento cada ano.
ORGANIZACIÓN:
FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E D.A.
ASOCIACIÓN DEPORTIVA FAMU DE VIGO.
PATROCINADORES:
EXCMO. CONCELLO DE VIGO.
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE.
EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. (A través do club FAMU)
COLABORADORES:
ZONA FRANCA DE VIGO.
NKL BUDO SHOP.
PARTICIPACIÓN:
1.500 JUDOKAS (NENOS E NENAS).
IDADES: DE 4 A 12 ANOS.
DATA: DOMINGO 15 DE DECEMBRO DE 2019.
CLUBS: CLUBS E COLEXIOS DE GALICIA E INVITADOS DE ESPAÑA.

Detalles

Scroll al inicio

Solicitud de presupuesto

Con el objetivo de facilitarle información previa sobre el coste aproximado del alquiler de los espacios y de otros servicios, puede enviarnos esta plantilla cumplimentada. Le responderemos lo más rápido posible.

Datos del cliente