01/01/2020 - 12/01/2020
Malabaristas, acróbatas, equilibristas, pallasos, magos, músicos... todos están de celebración. O Nadal chegou á gran carpa do Circo e a ilusión invade a pequenos e maiores.Descubriremos qué piden os pallasos na súa carta aos Reis Magos. Ducias de agasallos enormes e espectaculares, pero tamén algúns miúdos, delicados e máxicos. Cales serán os seus favoritos?
Un espectáculo cheo de arte, maxia e música en directo.
Información de interese
Duración: 1h 45min. 15 min de descanso
Idades recomendadas: A partir de 2 anos (menores desta idade non pagan)
Idioma: Xestual e musical. Carpa climatizada.
IFEVI. Avda. do Aeroporto, 772. 36318 Vigo. Pontevedra. Spain ı Tlf. +34 986 486 144 ı Fax. +34 986 486 071