XIX Edición de CONXEMAR

27/09/2017

Do 3 ao 5 de Outubro, Vigo será a capital mundial da pesca.
A unha semana do inicio dunha nova edición, CONXEMAR ten un ano máis garantido o éxito. Xa desde hai tempo o 100 % do espazo estaba vendido. 33.000 metros cadrados de exposición e toda a infraestrutura de IFEVI a disposición de expositores e visitantes.

Este ano como novidade, temos a volta de Venezuela a Conxemar (xa participara entre 2003 e 2006) como país expositor a través do Banco de Comercio Exterior. Ademais, os pavillóns como o de Noruega, Croacia ou Letonia, que se estrearon en 2016 repiten nesta nova edición de Conxemar. Como xa é habitual, a feira contará coa participación dos principais países produtores e consumidores de produtos pesqueiros, como EEUU, Portugal, Irlanda, Arxentina, Perú, China, Ecuador, Marrocos ou Indonesia.

En canto á participación nacional, cabe destacar os pavillóns das comunidades autónomas de Galicia, País Vasco, Canarias e Asturias, así como a participación das autoridades portuarias de Vigo, Huelva, Cádiz, Sevilla e Alxeciras.

Data: 3, 4 e 5 de Outubro
Entrada: Gratuíta para profesionais
Organizador: Conxemar www.conxemar.com
Contacto: 986 433 351

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1