O Concello organiza unha nova edición de Vigolandia con actividades para pequenos e maiores

12/12/2019

O concelleiro de Festas, Ángel Rivas, presentou as actividades da décimo sexta edición da festa do Nadal que se celebrará entre o 26 e o 30 de decembro con actividades de lecer e aprendizaxe para os máis pequenos da casa. 

Vigo, 11 de decembro de 2019.– O concelleiro de Parques, Xardíns, Comercio e Festas Especiais, Ángel Rivas, presentou este mércores no Concello de Vigo unha nova edición de Vigolandia e agradeceu a axuda dos colaboradores do evento para facer posible que a cita volva celebrarse. 

Arsenio Prieto, director xerente do IFEVI, sinalou que este este ano haberá de novo un inchable de 140 metros ou un obradoiro de mini chefs para aprender a desenvolverse na cociña. Entre os seus principais atractivos atópase tamén unha tirolina que irá unida a unha ponte tibetana. Estes elementos xa estiveron o ano pasado e causaron furor entre os máis pequenos da casa.

A feira tivo máis de 13.000 visitantes en 2018 e espera repetir esa cifra este ano ou mesmo superala. De novo a orgnaización volverá convidar aos participantes do concurso de pintura. Mentres, o resto terá que abonar 5 euros para poder acceder ao recinto. No seu interior, os nenos e as nenas atoparán tamén un circuíto viario, un taller de maquillaxe, outro de ‘ mini chefs’ e diferentes actividades deportivas e de manualidades, ata alcanzar o medio centenar de propostas lúdicas.

Ademais, do mesmo xeito que en edicións anteriores, Vigolandia explotará a súa vertente solidaria habilitando un punto de recollida de alimentos non perecedoiros. A feira abrirá as súas portas o xoves 26 de decembro de 16.00 a 20.00 horas e o resto de días, ata o luns 30 de decembro, poderase visitar sen interrupción de 12.00 a 20.00 horas.

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1