Presentación Vigolandia 2022

22/11/2022

O 26 de decembro abrirá as portas a XVIII Edición de VIGOLANDIA, no Instituto Feiral de Vigo.

Un salón de lecer para o goce e diversión de todos e que mantén dende o seu nacemento un dos seus obxectivos básicos, o seu carácter social e benéfico. Ademáis, as familias de Vigo poderán disfrutar dunha enorme variedade de actividades.

A celebración de VIGOLANDIA débese ao apoio e á colaboración de institucións e empresas como: O Concello de Vigo a través da súa Concellería de Festas, ao Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), Alcampo, Corpo de Bombeiros de Vigo, Didicar, Grupo Radio Vigo, Federación Galega de Billar, Federación Galega de Tenis, Limpezas Almi, Policía Local de Vigo, Riescontrol, AgruDeBam, Agrupación Deportiva Escolar Baixo Miño-

Always TM, Catering Galicia, Montes de Vigo, Vodea – Voluntarios Asistencia Sanitaria e VeoVisión Soluciones IP.

O evento manterá as súas portas abertas ao público no IFEVI, o día 26 de decembro en horario de 16.00h a 20.00h e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 12.00h a 20.00h, ocupando unha superficie de máis de 16.000 m2. O prezo da entrada é de 6€.

É de destacar nesta edición a instalación de varios inchables de grandes dimensións como son unha pista de obstáculos de 150 metros de largo, un wipe-out de 70, así como unha ponte tibetana de 50 metros unida a unha grande tirolina de 53 metros. Tamén, haberá un obradoiro de Mini Chefs na que os nenos e nenas poderán disfrutar de diversas experiencias de cociña.

VIGOLANDIA, vai unida a un CERTAME DE PINTURA, co lema “AS LUCES DE VIGO NO NADAL”, que xa é un clásico nos colexios de Vigo e que cada ano crece en acollida. O obxectivo do Concurso é mostrar a cara máis doce da época do Nadal, sempre dende os ollos dos máis inocentes que son os nenos e as nenas. Ademais é a maneira de que os nenos e nenas poidan darlle valor a actividade social de VIGOLANDIA.

Este ano contamos cunha participación de 40 colexios da cidade de Vigo con preto de 5.000 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, o que supón incremento, ano a ano, cada vez maior.

O Certame de Pintura de VIGOLANDIA diferénciase dos outros concursos porque grazas á extraordinaria colaboración das entidades participantes no evento, VIGOLANDIA pode facer unha distinción ao mellor debuxo por cada colexio participante.

Resulta realmente interesante acudir a Vigolandia e observar a importante galeria de debuxos que se mostra no evento.

Por último, VIGOLANDIA , como sempre ten un carácter benéfico, por iso manterá durante os cinco días da súa celebración un “Punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros”.


Horarios:

26/12/2022 16.00 h – 20.00 h e de 12.00 h – 20.00 h ata o 30/12/2022 


Precios: 

6€ infantil y adultos


Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1 https://thejrns.org/slot-gacor/https://ijohmn.com/public/slot-gacor/https://www.kuhoo.com/wp-content/uploads/slot-deposit-dana/http://clc.cet.edu/judi-bola/https://ijorces.org/slot-gacor/https://virtusclean.com/slot-online/https://modernacademy-journal.synceg.net/slot-gacor/https://rumosdainformacao.ivc.br/5unsur3/https://cosy.univrab.ac.id/slot-online/https://www.unaki.ac.id/togel88/https://staialakbarsurabaya.ac.id/slot-online/https://iat.alfithrah.ac.id/slot-gacor/https://krti.unesa.ac.id/slot-deposit-pulsa/http://jurnal.umsu.ac.id/public/http://jurnal.univrab.ac.id/slot-gacor/https://fbs.unj.ac.id/wp-content/slot-gacor/https://jurnal.ikipjember.ac.id/slot-online/https://itbk.ac.id/slot-online/https://pusbangpmpp.lppmp.untad.ac.id/judi-online/