Vigolandia 2015

16/12/2015

Presentación Vigolandia 2015 no Concello de Vigo


Onte tivo lugar no Concello de Vigo a presentación de Vigolandia 2015 coa presencia de:

- D. CAYETANO RODRÍGUEZ, Concelleiro de Cultura

- Dª. ANA LAURA IGLESIAS, Concelleira de Festas e Turismo

- D. ARSENIO PRIETO MARTÍNEZ, Director Xerente de IFEVI


O próximo 26 de decembro de 2015, as 16.00 horas abrirá as súas portas no Instituto Feiral de Vigo a XIII Edición de VIGOLANDIA, un salón de lecer para o goce de todos, que mantén dende o seu nacemento un dos obxectivos básicos, o seu carácter social e benéfico. Ademáis as familias de Vigo poderán pasar un día enteiro cunha enorme variedade de actividades.

A celebración de VIGOLANDIA débese ao apoio e á colaboración de institucións e empresas como: O Concello de Vigo a través da súa Concellería de Festas e Turismo, ao Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), Alcampo, Coca-Cola, Faro de Vigo, Grupo Radio Vigo, Policía Local de Vigo, Corpo de Bombeiros de Vigo, Renault Rodosa Galicia, Federación Galega de Tenis, Federación Galega de Billar, Federación Gallega de Judo, Universidade de Vigo, Didicar, Riescontrol, Limpezas Almi, Escola de Gaitas e Percusión, Simulacros Formación de Emerxencias, Industrias Proa, Galiart, Fundación Mayeusis e Sociedad Canina Galega.

O evento manterá as súas portas abertas ao público no Instituto Feiral de Vigo, IFEVI, o día 26 de decembro en horario de 16.00h a 20.00h e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 12.00h a 20.00h, ocupando unha superficie de mais de 20.000 m2.

O prezo da entrada é de 3€

VIGOLANDIA, vai unida a un CONCURSO DE PINTURA que xa é un clásico nos colexios de Vigo e que cada ano crece en acollida. O obxectivo do Concurso é mostrar a cara máis doce da época do Nadal, sempre dende os ollos dos máis inocentes que son os nenos e as nenas. Ademais é a maneira de que os nenos e nenas poidan darlle valor a actividade social de VIGOLANDIA.

O Concurso de Pintura de VIGOLANDIA diferénciase dos outros concursos porque grazas á extraordinaria colaboración das entidades participantes no evento, VIGOLANDIA pode facer unha distinción ao mellor debuxo por cada colexio participante.

Este ano esperamos unha participación de máis de 2.000 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos dado que a cifra vai en aumento co paso dos días. Resulta realmente interesante acudir a Vigolandia e observar a importante galería de debuxos que se mostra no evento. Este ano a proposta que fixemos foi diferente a calquera anterior e que leva por nome, “DEBUXANDO O NADAL”. Por último, VIGOLANDIA contará durante os cinco días da súa celebración cun Punto de Recollida de Xoguetes e alimentos non perecedoiros”.

Descargar Programa.

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1