Unha viaxe ao pasado de 65 millóns de anos

04/12/2015

A partir deste sábado 5 de Decembro, teremos unha tripla exposición en IFEVI. A evolución humana, Idade de xeo e Dinosauros.

Máis 4500 m2 dunha espectacular exposición que fará as delicias dos máis pequenos que poderán coñecer de preto a idade de xeo con animais animatrónicos como o mamut, o lobo cavernario, o megaterio, a moa ou o rinoceronte lanudo e moitos máis. Poderán aprender tamén acerca da evolución humana, a arte rupestre, o descubrimento do lume ou a arte de cazar dos neanderthales.. E por se isto fose pouco, os espectaculares Dinosauros estarán tamén presentes en IFEVI con réplicas a tamaño real, galerías de fósiles, documentais, areneros, "zona píntame", tatuaxes, photocall  e moito máis!!!.

 

Data: 

Do 5 de Decembro ao 6 de Marzo



Horario:

- Venres tarde : de 16 h a 21 h 

- Sábados, Domingos e festivos: de 11 h a 14 h de 16 h a 21 h

- Do 21 de decembro ao 4 de xaneiro: de 11 h a 14 h e de 16 h a 21 h con excepción dos días 24, 31 de decembro e 5 de xaneiro que abrirá de 11 a 18 h ininterrompidamente.

- Días 25 dic, 1 e 6 de xaneiro péchase ao público

- 7 de decembro en horario de 11 h a 14 h e de 16 h a 21 h



 Prezo:

- Adulto: 10€

-  Nenos de 3-12 anos: 7€ (ata 3 anos é gratuíto)

- Familiar: 2 adultos + 2 nenos: 28€

- Grupos, colectivos e visitas escolares deben contactar coa organización.

 

Máis información en:  www.spacionaturaexpo.com - administracion@spacionaturaexpo.com - Tlf. 886163676

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1