Presentación do I Festival de Rock Concello de Vigo

20/10/2017

O próximo 2 de decembro celebrarase no Recinto Feiral de Vigo o I Festival de Rock Concello de Vigo.

Onte o concelleiro Javier Pardo e o xerente de IFEVI Arsenio Prieto presentaron o I Festival de Rock Concello de Vigo.

Unha iniciativa sen precedentes en Vigo e con vocación de continuidade dada a gran acollida que se espera.

O 2 de decembro, ás 21:00 h en IFEVI, Rosendo, Medina Azahara e Motores (conxunto vigués) farannos gozar de catro horas de Rock.

As entradas poderán adquirirse no despacho de billetes de IFEVI o mesmo día do evento por 25 Euros ou comprar con anticipación por 23 Euros en ataquilla.com, Disco Elepé e Musical Pontevedra.


Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1