Canina Galega 2017

19/01/2017

Un ano máis, a Sociedade Canina Galega celebrará a súa exposición Internacional e Nacional Canina no Instituto Feiral de Vigo,  IFEVI. Será o Sábado 21 e Domingo 22.
Este fin de semana celebrarase a 81 Exposición Nacional Canina C.A.C na primeira xornada e na segunda será a 35 Exposición Internacional C.A.C.I.B e a 82 Exposición Nacional Canina C.A.C. Os xuízos serán entre o Sábado pola mañá e o Domingo pola tarde, onde se poñerán en xogo dous C.A.C, puntos para o Campionato de España e un C.AC.I.B cos que poderán obter o título de Campión Internacional. Ademais, o sábado pola mañá, faranse aptos de cría e rexistros iniciais para aqueles cans que sexan de raza e carezan de pedigree. Entre os asistentes, teremos participantes nacionais e doutros países como Francia, Bélxica, Portugal, Rusia, Reino Unido, Perú, Méjico e Alemaña que xa conseguiron o título de campión nos seus respectivos países e tentarán conseguir facerse co título de campión en España.

Unha vez máis se correrá a primeira proba do ano clasificatoria para o campionato do mundo de Agility 2017, alcanzado unha cifra record de participantes con máis de 215 cans cada día nas categorías MINI, MIDI E STANDARD. Correrán así mesmo cans provenientes de Portugal, Italia e Francia, así como de todas as Comunidades Autónomas do Territorio Nacional. A proba clasificatoria conta coa presenza dos xuíces internacionais Domingos Carneiro e Belmiro Sousa, ambos de nacionalidade Portuguesa. Os máis pequenos contarán cunha atracción inchable que poderán gozar durante todo o día.

Para o xuízo e valoración dos exemplares, a Sociedade contará con xuíces de ámbito Nacional e Internacional de recoñecido prestixio.

Organizador: Sociedade Canina Galega
Contacto: administracion@caninagalega.com
Máis información en: www.caninagalega.com 

Data: 21 e 22 de Xaneiro

PROGRAMA para ambos os días:
· 9.00 h Comezo dos Xuízos
· 9:00 h a 19:00 h Proba de Agility selectiva para o Campionato do Mundo
· 15:00 h Comezo do finais Presentador Infantil e Xuvenil
· 15:30 h Comezos das Grandes Finais

As entradas á parte do propio despacho de billetes, tamén poden compralas en https://cuponisimo.farodevigo.es/ ou en https://oferplan.lavozdegalicia.es/plan-oferta/galicia/entradas-exposicion-canina-campionato-mundo-agility.-cachorros/8076/

ENTRADA (válida por persoa e día)
- Adultos: 6€
- Nenos: 3€

 ARION, regala un vale de 5 euros, con cada entrada para trocar coa adquisición de pensos da firma.

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1