XXVI Salón do Automóbil Vehículo comercial e Motocicleta

24/03/2017

Presentación do salón o pasado 21 de Marzo.
Xa non queda nada para que os apaixonados do motor volvan ter unha cita ineludible no Instituto Feiral de Vigo. Do 25 de Marzo ao 2 de Abril chega unha unha edición ilusionante con 25.000 m/2 de exposición, máis de 50 marcas presentes, máis de 500 unidades en apostas e unha asistencia prevista pola organización de 85.000 persoas.

As marcas coñecedoras da relevancia desta cita presentarán ata 10 modelos en primicia nacional. Coches como: Alfa Romeo Stelvio, Honda Civic, Kia Rio, Lexus LC 500, Mercedes E All-Terrain, Mercedes E Coupe, Nissan Micra, Skoda Kodiaq, Smart ED (eléctrico) e Suzuki Ignis. 

Este ano preséntase como novidade unha maior presenza de vehículo comercial que terá expostos modelos de 13 marcas. Ademais de todo isto, motocicletas, motos de auga, vehículos clásicos, concentracións de Porsches, xornadas para motos un unha infinidade de actividades durante 9 intensos días.

Organizador: Eventos do motor
Máis información: https://www.eventosmotor.com/2017/xxvi-salon-automovil-vigo.html

Data:
Do 25 de marzo ao 2 de abril de 2017

Horarios:
Laborables: de 16 a 21 h.
Sábados, domingos e festivo (28 de marzo): de 11 a 21 h.

Entradas:*
7,00 €

* Coa entrada do Salón do Automóbil tamén se poderá acceder a Motorocasión Vigo 2017 (do 6 ao 9 de abril).

Nenos ata 10 anos Gratis.

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1