Visita 2º Ciclo de Márketing e Publicidade

24/01/2017

O Instituto Feiral de Vigo recibe a visita dos alumnos e profesores do 2º ciclo de Márketing e Publicidade do centro IES A GUÍA de Vigo co fin de achegarlles ao mundo feiral e mostrarlles os procesos e mecanismos que se poñen en marcha para a celebración dun evento.
Este encontro consistiu nunha charla impartida por D. Arsenio Prieto, Director Xerente de IFEVI, e a continuación, acompañoulles nunha visita ás instalacións, onde os alumnos puideron comprobar, in situ, o espazo destinado á montaxe, celebración e desmonte dun  evento que se realiza no recinto feiral.

Os alumnos, que se atopan a piques de finalizar o seu ciclo de estudos, mostraron gran interese a través das cuestións expostas durante a súa visita.

Finalmente, D. Arsenio Prieto agradeceu a profesores e alumnos a súa participación, desexándolles moitos éxitos de fronte ao futuro.

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1