Vigolandia 2017

21/12/2017

O vindeiro 26 de decembro abrirá as súas portas a XV Edición de VIGOLANDIA, onde as familias de Vigo poderán disfrutar dunha enorme variedade de actividades.

A celebración de VIGOLANDIA débese ao apoio e á colaboración de institucións e empresas como: O Concello de Vigo a través da súa Concellería de Festas e Turismo, ao Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), Alcampo, Coca-Cola, Corpo de Bombeiros de Vigo, Didicar, Grupo Radio Vigo, Federación Galega de Billar, Federación Galega de Judo, Federación Galega de Tenis, Limpezas Almi, Policía Local de Vigo, Renault Rodosa Galicia, Riescontrol, Academia Tenis Vigo, AgruDeBam- Agrupación  Deportiva Escolar Baixo Miño, Anfaco Cecopesca, Catering Galicia, Montes de Vigo, Sociedade Canina Galega e VeoVisión Soluciones IP.

 É de destacar nesta edición a instalación de varios inchables de grandes dimensións como son unha pista de obstáculos e un deslizador de 40 metros de largo con tobogán, así como unha ponte tibetana de 50 metros unida a unha grande tirolina.  Tamén, haberá un obradoiro de Mini Chefs na que os nenos e nenas poderán disfrutar de diversas experiencias de cociña.

O evento manterá as súas portas abertas ao público no IFEVI, o día 26 de decembro en horario de 16.00h a 20.00h e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 12.00h a 20.00h, ocupando unha superficie de  máis de 20.000 m2.  O prezo da entrada é de 4€.

VIGOLANDIA, vai unida a un CERTAME DE PINTURA, cunha participación de 35 colexios  da cidade de Vigo con preto de  5.000 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, a maior cifra de participación de debuxos dende a súa primeira edición. 

O Concurso de Pintura de VIGOLANDIA diferénciase dos outros concursos porque grazas á extraordinaria colaboración das entidades participantes no evento, VIGOLANDIA pode facer unha distinción ao mellor debuxo por cada colexio participante. 

Durante os cinco días da súa celebración, VIGOLANDIA manterá un “Punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros”.

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1