SICO, Salón da construcción de Galicia

04/05/2017

Sexta edición de SICO, o salón da construción de Galicia do 05 ao 07 de Maio.
Mañá venres abre en IFEVI a sexta edición de SICO, o Salón da Construción de Galicia e farao coa celebración do congreso "Renovación Urbana e Novas Tecnoloxías" que contará coa presenza de grandes arquitectos como Tomas Llavador ou Pith Architectes. A iso sumaranse os referentes internacionais Marco Rizzeto ou o estudo de Portugal Camarin, sen esquecer ao responsable do proxecto da Cidade da Xustiza, Alfonso Penela. Durante a mañá do venres os asistentes terán varios exemplos de como se están renovando centros históricos, frontes marítimas ou cidades enteiras, como foi o caso de Valencia. Doutra banda, a plataforma Passiv Haus ofrecerá outras xornadas técnicas durante o fin de semana, centradas nos principios para vivir mellor con menos enerxía. As xornadas do sábado e domingo estarán destinadas ao público final.

A organización de SICO, con Javier Arnau, director do Grupo Móstrao, á fronte, presentaba na mañá de onte o evento, que contou coa participación de David Regades, segundo tenente de Alcalde do Concello de Vigo; Ignacio López- Chaves, delegado da Xunta de Galicia en Vigo, e José García Costas, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. 

Será unha edición con aires renovados, cun centenar de expositores en máis de 4000 metros cadrados.



Data: 
5 ao 7 de maio 2017

Horario: 
Venres 5 de maio: de 10:00 a 19:00 horas (Para profesionais)
Sábado 6 e domingo 7 de maio: de 11:00 a 20:00 horas (Para público final)

Prezo:
Entrada gratuíta

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1