Galiexpo MotorShow 2017

07/02/2017

Os días 10, 11 e 12 de febreiro teremos no Instituto Feiral de Vigo a XI Edición de Galiexpo Motorshow.
Esta será ademais unha edición renovada desde a organización de Galiexpo queren ofrecervos un fin de semana de entretemento e emoción nun recinto preparado para recibir o primeiro Campionato Exhibición Internacional de Drift indoor, ademáis do salón que nos acompaña todos os anos.

Teremos unha exposición con coches clásicos, coches de competición, 4x4 preparados para aventura extrema, Náutica, Top Tuning, Automobilismo, Motos e Quads.

Gozaremos tamén de pilotos de recoñecido prestixio como Martín, Joel Ferreira, Alberto Zúñiga Fernández, Pedro Souza, Marcos Vieira ou Firmino Peixoto.

O horario será o seguinte:
Venres 10: De 10 a 20
Sábado 11: De 10 a 21
Domingo 12: De 10 a 20

Prezo Entradas:
A entrada ao salón 5 € (menores de 5 anos entran gratis).
A entrada ao Campionato de Exhibición Indoor Drift Internacional é de 2,5 €, pero só terán acceso os que dispoñan da entrada ao salón. Parte desta entrada será destinada de maneira solidaria a Discamino de Santiago.

Organizador: Galiexpo Feiras e Eventos,s.l.
Contacto: 607383379 - 670670419, silvia@galiciaeventos.com - prensa@galiciaeventos.com

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1