Sane á venda as entradas de Luis Fonsi para o seu concerto en Vigo

09/05/2017

Mañá mércores 10 de Maio, ás 10:00 A.M., póñense á venda as entradas para o concerto que o cantante ofrecerá o 25 de Xullo no IFEVI.
Tras unha longa carreira musical infestada de éxitos, o compositor e cantante portorriqueño Luís Fonsi volve á escena musical co seu último éxito "Despacito". Poderemos gozar da súa xira por España na que nos fará chegar os seus ritmos latinos aseguran facernos bailar e cantar nun directo cargado de enerxía sobre o escenario.

As entradas, póñense á venda de maneira oficial mañá mércores 10 de maio, ás 10.00 A.M na plataforma ticketea (www.ticketea.com), e o prezo das entradas será de 23€ a entrada xeral e 50€ o das entradas Premium.

O concerto terá lugar o 25 de xullo no IFEVI (Vigo), con capacidade para 9.000 persoas, o concerto empezará ás 21.30 horas. 

Está prohibida a entrada a menores de 16 anos que non estean acompañados dun adulto.

 
PROMOTORA DO CONCERTO: VIRVI FRAGA PRODUCIÓNS.

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1