25ª Festa do Judo Infantil

14/12/2017

O Domingo 17 de Decembro chega a IFEVI a 25ª Festa do Judo Infantil
Esta festa é xa un evento indispensable dentro do calendario do mes de Decembro e este domingo pola mañá ocupará o Pavillón 3 de IFEVI no que participarán uns 1500 nenos e nenas de 40 Clubs e colexios da provincia. 

Durante a xornada os e as judokas participan sen necesidade de facer grupos por idades ou categoría de peso xa que o sistema pedagóxico empregado permite facer a un neno pequeno con outro máis maior ou a nenos con nenas, nunha competición na que ninguén perde e todos levan o seu premio. Cada neno por participar obtén os seus agasallos e o diploma coa puntuación obtida que posteriormente no seu club ou colexio sérvelle para o pase de grao. 

Organizador: Federación galega de Judo e D.A. e a Asociación Deportiva FAMU de Vigo. 
Data: 17 de Decembro

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1