VI salón do vehículo Clásico e de Época

02/02/2016

Os próximos 13 e 14 de Febreiro teremos en IFEVI o VI Salón do Vehículo Clásico e de época.

O Salón ocupará o Pavillón número 3 de IFEVI.
 
Trátase dun evento monográfico sobre vehículos e motos clásicos e de época, no que se espera unha notable afluencia de afeccionados e profesionais do noroeste peninsular e de Portugal. Nese salón organizado por Eventos do Motor, haberá unha clara tendencia comercial, onde se poderán adquirir coches e motos de época e colección, tanto de profesionais como de particulares. Haberá ademais unha área especial de mercado de pezas, recambios, complementos, roupa, merchandising e obxectos coleccionables de marcas.
 
Horarios
 
-Sábado día 13: De 10:00 a 21:00 H.
-Domingo día 14: De 10:00 a 20:00 H.
 
Entradas
 
-Válida para un só día: 8,00 €
-Visitantes en Vehículo Clásico*: 5,00 €
-Concentracións Concertadas: 5,00 €
 Nenos ata 10 anos gratis.
 
Organización: Eventos do Motor, S.L
Eduardo Igrexas, 8 – P 2, 5º Of.3 
36202 VIGO - ESPAÑA 
Telf.: +34 986 44 16 70 Fax: +34 986 44 18 96
Mail: info@eventosmotor.com 
Web Oficial: www.eventosmotor.com 

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1