Concerto de Luis Fonsi

25/07/2017 - 25/07/2017

O ARTISTA PUERTORIQUEÑO OFRECERÁ EN VIGO O PRÓXIMO 25 DE XULLO, UN CONCERTO EN PLENO APOXEO DO SEU ÉXITO "DESPACITO"

O Día de Galicia, foi a data elixida para que Luís Fonsi ofreza un único e exclusivo concerto da man de Virvi Fraga Producións para Galicia.

O cantante de Universal Music chega a Galicia tras unha ampla traxectoria no mundo da música. Máis de 8 xiras aválano, e éxitos como "No me doy por vencido", "Llegaste tú", ou "Corazón en la maleta” convertéronse en números 1 das listas musicais de todo o mundo.

Actualmente o artista arrasa co seu último single xunto a Daddy Yankee "Despacito", sendo a canción do ano con máis de 1.200.000 visualizacións, batendo records, ao que se uniu nos últimos días o cantante Justin Bieber ,alcanzando xa, a cifra de máis de 120 millóns de reproducións en Youtube.

O Concerto terá lugar no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), con capacidade para 10.000 persoas, as entradas roldarán entre os 23? e os 100?, e estarán dispoñibles na plataforma www.ticketea.com. O día exacto da saída á venda das entradas desvelarase nuns días.

PROMOTORA DO CONCERTO: VIRVI FRAGA PRODUCCIONES.
Carácter
Público
Organizador
VIRVI FRAGA PRODUCCIONES

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1