Galiexpo Bike and Running 2018

02/02/2018 - 04/02/2018

Os próximos días 2, 3 e 4 de febreiro o Instituto Feiral de Vigo acollerá o I Salón GaliexpoBikeandRunning. Unha mostra que nace por primeira vez no noroeste da península e que vén con vocación de permanecer no tempo. 

Esta edición contará espazos dedicados ao Bike and Running así como todo o relacionado coa saúde no deporte, tendas especializadas e as últimas novidades e tecnoloxías para practicar as dúas disciplinas da maneira máis adecuada. 

Tamén estará presente nesta primeira experiencia a moda e o espectáculo cunha mostra de destreza sobre dúas rodas dos nosos novos campións de bike trial. 

O domingo día 4 terá lugar unha carreira de 5 e 10 Kms con saída e Meta en IFEVI polo que os visitantes poderán animar aos participantes desde o recinto. O 80% do percorrido desenvolverase no monte nos arredores de Puxeiros. 
Toda unha experiencia de running agreste no que calquera pode participar. Será un fin de semana no que poderás vivir experiencias emocionantes e saudables en familia. 

DATA: Do 2 ao 4 de Febreiro. 

PREZO DA ENTRADA: 5€ (entrada a Galiexpo MotorShow incluída). Ata os 5 anos, entrada gratuíta. Suplemento de 3€ para vivir a emoción do drift e colaborar nunha causa solidaria en Galiexpo MotorShow. 

HORARIO
Venres 2: 10:00 h. - 20:00 h. 
Sábado 3: 10:00 h. - 21:00 h. 
Domingo 4: 10:00 h. - 20:00 h.
Sector
Automóvil
Carácter
Público
Organizador
Galiexpo Ferias y Eventos,S.l.
Teléfono
986424713
Enderezo electrónico

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1