Feria Internacional do Emprego

24/10/2017 - 25/10/2017

II Edición da Finde.U que se desenvolverá o 24 e o 25 de outubro no Recinto Feiral de Vigo IFEVI.

Edición
2ª Edición
Carácter
Público
Organizador
Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo
Teléfono
+34 986 818 710 / +34 986 814 036
Observacions
HORARIO: 10:00 h a 18:00 h


Tras o éxito dos eventos virtuais e presenciais da Iª edición da Finde.U que se desenvolveron durante o ano 2016, na que participaron en conxunto máis de duascentas empresas e puntos de información de toda Europa, promovendo a xestión de máis de quince mil candidaturas a ofertas de emprego, as Universidades de Porto, Vigo e Tras-Os-Montes e Alto Douro organizan por segunda vez a Finde.U – Feira Internacional do Emprego Universitario que terá lugar en Porto no 17 e 18 de outubro e en Vigo entre o 24 e o 25 de outubro, ambos en 2017.

Coa organización deste evento presencial conxunto, as tres universidades darán a oportunidade durante catro días a estudantes e persoas tituladas de todas as áreas de coñecemento de manter contacto directo con organizacións e empresas que demandan o talento universitario da eurorrexión.

A Finde.U é un evento aberto a estudantes e titulados/as de calquera universidade, que lles ofrece:

1.   Contacto directo cos responsables de RRHH de empresas e organizacións

2.   Ofertas de emprego, becas e prácticas.

3.   Procesos de selección a medio e longo prazo.

4.   Entrevistas de traballo.

5.   Sesións informativas e obradoiros.

Inscrición: https://beamian.com/finde/

Máis información: www.uvigo.gal/findeu-2017

 

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1