CarOutlet 2017

24/11/2017 - 26/11/2017

A sexta edición do Salón CarOutlet Vigo, que terá lugar do 24 ao 26 de novembro no Instituto Feiral de Vigo, aproveitará as grandes ofertas que se dan a finais de ano nos concesionarios para liquidar stocks, tanto de coches de ocasión como de automatriculados ou xerencia, ou ante as inminentes novidades de 2018.

O ano pasado alcanzáronse os 13.000 m/2 de exposición, polo que se manterá como unha das maiores de España.
Edición
6ª Edición
Periodicidade
Anual
Sector
Automóvil
Os diferentes concesionarios oficiais manteñen durante a feira unha rede de asesores que informan das características dos modelos ao público interesado, así como doutros aspectos como financiamento, garantía ou posibles extras.

Ademais, como foi tónica nos últimos anos, a organización doará o cincuenta por cento da recadación polas entradas a unha ONG, polo que todos os que acudan participarán dun fin altruísta.

Máis información do evento: www.eventosmotor.com

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1