Quen somos

Fundada en 1998, a Fundación Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) naceu coa vocación de prestar servizo aos sectores profesionais e sociais da Eurorrexión e converteuse no mellor escaparate de Vigo e do Norte de Portugal. O seu carácter dinámico, exento de interese lucrativo, e a súa clara vocación de institución xeradora de servizos, convérteno hoxe en día nun obrigado punto de encontro para os profesionais do noroeste peninsular.

Pola composición directiva e polos servizos que presta, o IFEVI está recoñecido como Fundación de Interese Galego ao abeiro da Lei 12/2006 do 1 de decembro, de réxime das fundacións de interese galego.

O concepto embrionario do Instituto Feiral de Vigo, IFEVI, xorde da necesidade de cubrir un baleiro existente na cidade olívica como protagonista indiscutible no ámbito industrial da eurorrexión atlántica e en consecuencia, como centro activo de sinerxías profesionais. Na actualidade, a frenética actividade feiral e congresual do recinto é xeradora constante dun importante volume de negocios e de proxectos futuros que mesmo superaron as expectativas dos seus primeiros impulsores.

O entusiasmo, a proxección internacional, a vocación de futuro e sobre todo, un loable esforzo da organización xunto co apoio de todos os cidadáns, fixeron posible a consolidación da Institución como unha relevante lanzadeira de ambiciosos proxectos de negocio.

As ofertas de novos sectores de negocio, a maximización empresarial ou mesmo a maximización de recursos autóctonos a partir de vangardistas técnicas de optimización de mercado, non son máis ca un pequeno exemplo do amplo abano de posibilidades que ofrece aos profesionais.

IFEVI dispón dunha superficie total de 100.000 m2 que se estrutura en dúas áreas repartidas nun edificio de servizos, centro neurálxico do groso da actividade congresual e de entretemento, e en 30.000 m2 de pavillóns destinados principalmente a ser o centro de atención das feiras e dos salóns que en cada edición acollen unha ampla oferta multidisciplinar de ocio e de negocio.

O recinto feiral equipouse coas máis innovadoras tecnoloxías e facilidades estruturais e organizativas. A acertada habilitación e deseño dos espazos funcionais especialmente concibidos para satisfacer calquera eventualidade feiral, congresual ou deportiva e de ocio, constitúe unha das máximas que xunto coa estratéxica situación do recinto, favoreceu o seu notable posicionamento como o noso primeiro escaparate industrial e económico.

A filosofía de Institución ao servizo do interese público, contribuíu en gran medida á maximización do seu carácter multidisciplinar e dinámico. IFEVI é un mundo aberto a todos, un mar de posibilidades desde o que asomarse ao mundo e ambicionar novos proxectos de crecemento. A súa política de autofinanciamento fomenta o reinvestimento plural dos beneficios e polo tanto un crecemento global no contorno dunha empresa moderna, con criterios de eficacia. Sen dúbida, un espírito acorde co mesmo carácter que promoveu a historia de Vigo como primeira capital industrial de Galicia.

Outra información de interese

Síguenos

pabellon 1 https://thejrns.org/slot-gacor/https://ijohmn.com/public/slot-gacor/https://www.kuhoo.com/wp-content/uploads/slot-deposit-dana/http://clc.cet.edu/judi-bola/https://ijorces.org/slot-gacor/https://virtusclean.com/slot-online/https://modernacademy-journal.synceg.net/slot-gacor/https://rumosdainformacao.ivc.br/5unsur3/https://cosy.univrab.ac.id/slot-online/https://www.unaki.ac.id/togel88/https://staialakbarsurabaya.ac.id/slot-online/https://iat.alfithrah.ac.id/slot-gacor/https://krti.unesa.ac.id/slot-deposit-pulsa/http://jurnal.umsu.ac.id/public/http://jurnal.univrab.ac.id/slot-gacor/https://fbs.unj.ac.id/wp-content/slot-gacor/https://jurnal.ikipjember.ac.id/slot-online/https://itbk.ac.id/slot-online/https://pusbangpmpp.lppmp.untad.ac.id/judi-online/