XIX Edición de VIGOLANDIA

26/12/2023 - 30/12/2023

O vindeiro 26 de decembro abrirá as súas portas a XIX Edición de VIGOLANDIA , no Instituto Feiral de Vigo. Un salón de lecer para o goce e diversión de todos e que mantén dende o seu nacemento un dos seus obxectivos básicos, o seu carácter social e benéfico. Ademáis, as familias de Vigo poderán disfrutar dunha enorme variedade de actividades.
Edición
XIX Edición
Perioricidad
Anual
Sector
Ocio infantil e familiar
Carácter
Social

A celebración de VIGOLANDIA débese ao apoio e á colaboración de institucións e empresas como: O Concello de Vigo, o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), Alcampo, Didicar, Grupo Radio Vigo, Federación Galega de Billar, Federación Galega de Tenis, Limpezas Almi, Policía Local de Vigo, Riescontrol, AgruDeBam, Agrupación  Deportiva Escolar Baixo Miño-Always TM, Catering Galicia, Montes de Vigo, Vodea – Voluntarios Asistencia Sanitaria  e VeoVisión Soluciones IP.

Este evento manterá as súas portas abertas ao público no IFEVI, o día 26 de decembro en horario de 16.00h a 20.00h e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 12.00h a 20.00h, ocupando unha superficie de  máis de 16.000 m2.  O prezo da entrada é de 6€.

É de destacar nesta edición a instalación de varios inchables de grandes dimensións como son unha pista de obstáculos de 145 metros de largo,  un wipe-out de 70, así como unha ponte tibetana de 50 metros unida a unha grande tirolina de 53 metros. Tamén, haberá un obradoiro de Mini Chefs na que os nenos e nenas poderán disfrutar de diversas experiencias de cociña.

VIGOLANDIA, vai unida a un CERTAME DE PINTURA, co lema “AS LUCES DE VIGO NO NADAL”, que xa é un clásico nos colexios de Vigo e cunha grande acollida. O obxectivo do Concurso é mostrar a cara máis doce da época do Nadal, sempre dende os ollos dos máis inocentes que son os nenos e as nenas.

VIGOLANDIA , como sempre, ten un carácter benéfico, por iso manterá durante os cinco días da súa celebración un “Punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros”.

 

Horarios:

26/12/2023 de 16.00 h – 20.00 h e de 12.00 h – 20.00 h ata o 30/12/2023

Prezos:

6€ infantil e adultos

Otra información de interés

Síguenos

pabellon 1