VIGOLANDIA

26/12/2019 - 30/12/2019

O vindeiro 26 de decembro o INSTITUTO FERIAL DE VIGO, IFEVI,  abrirá as súas portas para celebrar a XVII Edición de VIGOLANDIA. Un salón de lecer e diversión de todos, maiores e pequenos. Este Salón, mantén, dende o seu nacemento un dos seus obxectivos básicos, o seu carácter social e benéfico. Todas as persoas que nos visiten,  poderán disfrutar dunha ampla variedade de actividades.

A celebración de VIGOLANDIA, non podería realizarse, sin a colaboración, tanto do Concello de Vigo, como de diversas entidades da Cidade.  

Como en edicións anteriores, poderase disfrutar de diversos inchables de grandes dimensións, Pista de obstáculos de 140 mts, Wipe-Out de 50 mts, Deslizador de 30 mts, con tobogán, Ponte tibetana de 40 mts, Tirolina, Obradoiro de Mini Chefs etc.

Dentro das diversas actividades, celebrarase dentro do marco de VIGOLANDIA, o  CERTAME DE PINTURA,  que na súa XIII EDICION, está adicado a  “AS LUCES DE VIGO NO NADAL”. Un clásico nos colexios de Vigo que cada ano crece en acollida. O obxectivo deste Certame é mostrar a cara máis doce do NADAL, sempre dende a perspectiva dos nenos e as nenas, aportándolle valor a actividade social de VIGOLANDIA. Estas obras formarán unha importante galeria dixital que permanecerá aberta durante o evento.

Un ano máis, VIGOLANDIA, establecerá o “PUNTO DE RECOLLIDA DE XOGUETES E ALIMENTOS NON PERECEDOIROS”, conservando así, o carácter benéfico da actividade. 

Comezará o vindeiro día 26 de decembro en horario de 16.00h a 20.00h e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 12.00h a 20.00h, ocupando unha superficie de  máis de 22.000 m2.  Actividades para nenos de 2 anos e maiores. O prezo, como en anos anteriores, será de 5€ a partires dos 3 anos.


Otra información de interés

Síguenos

pabellon 1