XXII FESTA DO JUDO INFANTIL 2014 – TROFEO MESTRE DE FRUTOS

21/12/2014 - 21/12/2014

Un dos acontecementos deportivos anuais máis importantes de cantos se celebran na cidade olívica.
Edición
22 Edición
Perioricidad
Anual
Sector
Deportivo
Superficie ocupada
Pavillón 3
Organizador
Federación Gallega de Judo
Director
D. Mario M. Muzas Cobo
Dirección
Praza de Agustín Díaz nº 13. 15003 A Coruña
Observaciones
Horario: De 10.00 a 15.00 horas

Este evento leva desde o ano 2006 o nome do tristemente desaparecido Mestre De Frutos, en homenaxe a un dos profesores de Judo máis importantes do panorama galego, nacional e internacional pero non só polo seu palmarés deportivo ou o seu labor docente ao longo de máis de trinta anos senón tamén pola elaboración dun método de ensino pedagóxico, fácil e moderno que porán en práctica os participantes nesta Festa.

O Mestre José Luís De Frutos foi un deportista coñecido e recoñecido polos seus resultados deportivos nuns anos onde case ninguén lograba éxitos fóra das nosas fronteiras. Conseguiu o primeiro Diploma Olímpico do Judo español (4º diploma olímpico en Montreal 76) mellor resultado masculino nunha Olimpíada ata Atlanta 1996.

Ademais do brillante labor realizado polo Mestre De Frutos como asesor deportivo da Federación Galega desde 1992 sen dúbida o seu máis importante legado foi o Método de Ensino Infantil, un sistema de ensino adaptado á idade e ao grao de madurez dos alumnos desenvolvido e posto en marcha a través da propia Federación Galega, a súa segunda casa, a súa familia e o lugar onde segundo as súas propias palabras sentiuse un galego máis entre nós.

Otra información de interés

Síguenos

pabellon 1